From Wikipedia, the free encyclopedia
A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 1 636 exemplares (2022). A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén de Castro Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.
Agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. O talle á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos.
Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 1 076 | 298 | 1 374 | 59 |
2010 | 1 210 | 305 | 1 515 | 58 |
2011 | 1 315 | 272 | 1 587 | 55 |
2012 | 1 226 | 234 | 1 460 | 50 |
2013 | 1 110 | 209 | 1 319 | 51 |
2014 | 1 136 | 168 | 1 304 | 48 |
2015 | 1 269 | 209 | 1 478 | 50 |
2016 | 1 291 | 229 | 1 520 | 50 |
2017 | 1 286 | 166 | 1 452 | 45 |
2018 | 1 233 | 171 | 1 404 | 47 |
2019 | 1 288 | 176 | 1 464 | 46 |
2020 | 1 338 | 225 | 1 563 | 45 |
2021 | 1 331 | 186 | 1 517 | 43 |
2022 | 1 405 | 221 | 1 636 | 38 |
Gráfica de evolución demográfica da vaca caldelá entre 2009 e 2022 |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[1] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.