California
From Wikipedia, the free encyclopedia
California[1][2] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.
| |||||
Lema: Eureka (Grego: Atopeino) | |||||
![]() | |||||
Outros Estados dos EUA | |||||
Datos xerais | |||||
---|---|---|---|---|---|
Capital | Sacramento | ||||
Maior cidade | Os Ánxeles | ||||
Alcume: | The Golden State (Inglés: O Estado Dourado) | ||||
Gobernador | Gavin Newsom (D) | ||||
Área | 411 049 km² (3) | ||||
- Terra | 404 298 km² | ||||
- Auga | 20 047 km² (1,64%) | ||||
Poboación (2012) | |||||
- Poboación | 38 041 430 (1) | ||||
- Densidade | 93,3 /km² (11) | ||||
Entrada na Unión | |||||
- Data | 9 de setembro de 1850 | ||||
- Orde | 31º | ||||
Xeografía | |||||
Fuso horario | Pacífico: UTC-8 | ||||
Latitude | 32°30'N - 42°N | ||||
Lonxitude | 114°8'O - 124°24'O | ||||
Largo N-S | 1240 km | ||||
Ancho E-O | 402,5 km | ||||
Altitude | |||||
- Altitude media | 884 m | ||||
- Máis elevado | 4 418 m | ||||
- Menos elevado | -86 m | ||||
Códigos e abreviacións | |||||
- USPS | CA | ||||
- ISO 3166-2 | US-CA | ||||
Sitio web | |||||
www.state.ca.us |
Das vinte maiores cidades dos Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.
Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.
O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e solleiro durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.