Rúa Mayor de Madrid

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rúa Mayor de Madridmap

A rúa Mayor é unha rúa de Madrid, unha vía principal das que desemboca na Puerta del Sol e a que foi oficial Casa de la Villa (casa do Concello de Madrid). Non toda a extensión actual foi chamada rúa Mayor. A historia da rúa vai unida á historia de Madrid, non habendo recepción real que non pasara por esta rúa a través da Puerta del Sol.[1]

Thumb
Rúa Mayor de Madrid.
Thumb
Cubertas da Casa de la Villa.
Thumb
Vista da rúa Mayor.

Historia

A rúa era coñecida no século XVII por comezar dende a Puerta del Sol no edificio do mosteiro de San Felipe el Real que posuía a súa fachada directamente sobre a rúa Esparteros, as lonxas eran chamadas o «mentidero». Debaixo da lonxa atopábanse unhas «covachuelas», lugar de venda de diversos mercados pequenos. En fronte colocáronse as mancebías chamadas «soleras». Preto de alí está o lugar no que Juan de Tassis y Peralta, segundo Conde de Villamediana e Correo maior de España, foi asasinado o 21 de agosto de 1622 ás oito da noite.

Xa no século XIX derrubouse o Convento para ser construído no mesmo lugar a Casa Cordero e nela o Gran Bazar de la Unión e o Café Lisboa. A finais do XIX ábrese a pastelería La Mallorquina. O 31 de maio de 1906 Afonso XIII contraía matrimonio con Vitoria Uxía de Battenberg. Cando a comitiva se dispoñía a saír da rúa Mayor, o anarquista Mateo Morral, dende o número 88, guindou unha bomba camuflada nun ramo de flores. A parella real resulta ilesa mais a explosión provocou un masacre arredor da carroza.



Carril bici

O concello de Madrid inaugurou o eixo ciclista Mayor - Alcalá o cal atravesa a rúa Mayor na súa totalidade. O sentido de subida é compartido coa circulación, mentres que o sentido de baixada dispón dun carril bici propio segregado, o que obrigou os coches a reducir o espazo que lles pertencía de dous carrís a un carril a 30 Km/h compartido con bicicletas.

Edificios salientables

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.