Callo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O callo ou presoiro é unha substancia empregada para calla-lo leite na fabricación do queixo. Pode ter orixe vexetal (plantas callaleite, entre as que destacan certas especies de cardos), animal (o estómago glandular dos animais lactantes: porco ou becerro) ou sintético. Deste uso como callante dado ao estómago de becerro provén o nome de callos para o prato cociñado con anacos do mesmo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Callos.