Campionato Descentralizado
liga de fútbol do Perú / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Descentralizado é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa no Perú, organizado pola Asociación Deportiva de Fútbol Profesional, organismo que pertence á Federación Peruana de Fútbol. Recibe o nome de Copa Movistar por mor do seu patrocinador principal.
Campionato Descentralizado | |
---|---|
Fundación | 1912 |
Rexión | Perú |
Equipos | 16 |
Actual campión | Alianza Lima (25º título) |
Máis laureado | Universitario (26) |
Sitio web | www.fpf.com.pe |
O torneo fundouse en 1912, e até o ano 2022 lévanse disputadas 105 tempadas. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Club Universitario de Deportes (26 títulos), o Club Alianza Lima (25 títulos) e o Club Sporting Cristal (20 títulos), ámbolos 3 clubs da cidade de Lima. O primeiro campión foi o Lima Cricket FC, mentres que o campión actual é o Alianza Lima.
Dende 1912 até 1965 foi un campionato no que só competían equipos da rexión de Lima e da veciña provincia de Callao. En 1966 foron convidados a competir na liga por vez primeira 4 equipos do resto do país, converténdose entón o "Campionato Peruano de Fútbol" no "Campionato Descentralizado de Fútbol Profesional". Entre os anos 1997 e 2008 o formato consistía en dous torneos, Apertura e Clausura, cunha final entre os dous gañadores (se era preciso) para definir cal era o campión. Dende 2009 o campionato consiste nunha liga de 16 equipos que disputan 30 xornadas, sendo campión o equipo que remata de líder na táboa clasificatoria trala derradeira xornada.
Os 3 primeiros clasificados na liga acadan o dereito a competir na Copa Libertadores do ano seguinte. Os seguintes 4 equipos da táboa acadan un posto para disputar a Copa Suramericana do ano seguinte. Os 2 últimos equipos da clasificación perden a categoría.