2ª edición do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mancomunado Galaico-Ástur 1935/36 foi a segunda e derradeira edición do Campionato Mancomunado Galaico-Ástur de fútbol. Comezou en setembro de 1935 e rematou en novembro do mesmo ano. Partiparon o Oviedo, o Stadium Avilesino, o Sporting de Xixón, o Deportivo da Coruña, o Unión Sporting Club e o Celta de Vigo. Proclamouse campión o Oviedo e subcampión o Unión Sporting Club.[1]
Tipo | Campionato Mancomunado Galaico-Ástur |
---|---|
Deporte | fútbol |
Número de participantes | 6 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 1935-1936 |
Intervalo de tempo | 1 de setembro de 1935 – 3 de novembro de 1935 |
Número de edición | 2 |
Competición | |
Primeiro posto | Real Oviedo |
Os seis equipos participantes clasificábanse para a Copa de España. Os dous primeiros postos outorgaban a clasificación directa para os oitavos de final, sempre que fosen ocupados por equipos da Primeira División ou por equipos que acadasen a fase final da Segunda División.[2] En caso de que isto non se cumprise, o dereito pasaría ós seguintes clubs que cumprisen as devanditas condicións,[2] feito polo cal o Celta de Vigo obtivo a clasificación directa malia finalizar en cuarta posición, xa que o Unión Sporting e o Sporting de Xixón non se deron clasificado para a fase final da Segunda División e o cadro celtista si que o conseguiu.[3]
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Oviedo | 10 | 8 | 1 | 1 | 43 | 9 | +34 | 17 | Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1/8 de final) |
2. | Unión Sporting | 10 | 5 | 1 | 4 | 22 | 20 | +2 | 11 | Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1ª rolda) |
3. | Sporting de Xixón | 10 | 4 | 0 | 6 | 28 | 20 | +8 | 8 | |
4. | Celta de Vigo | 10 | 3 | 2 | 5 | 20 | 29 | −9 | 8 | Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1/8 de final) |
5. | Stadium Avilesino | 10 | 4 | 0 | 6 | 18 | 33 | −15 | 8 | Clasficación para a Copa de España 1935-36 (1ª rolda) |
6. | Deportivo da Coruña | 10 | 4 | 0 | 6 | 9 | 29 | −20 | 8 |
Nesta tempada, o descenso foi calculado mediante a suma dos puntos acadados na competición de liga da Segunda División e mais no Campionato Superrexional, descendendo o equipo co menor número de puntos trala realización da suma, o cal pasaría a xoga-lo campionato territorial de primeira categoría correspondente, deixando de participar no Campionato Superrexional e na Segunda División.[4][5] O equipo que rematou na última posición despois de face-la suma foi o Unión Sporting, o cal non puido evita-lo descenso a pesar de rematar subcampión do torneo superrexional.[6] O Oviedo non entrou neste cómputo por ser integrante da Primeira División.
Pos | Equipo | Pts liga | Pts superr. | Pts total |
---|---|---|---|---|
1. | Celta de Vigo | 18 | 8 | 26 |
2. | Sporting de Xixón | 16 | 8 | 24 |
3. | Stadium Avilesino | 14 | 8 | 22 |
4. | Deportivo da Coruña | 11 | 8 | 19 |
5. | Unión Sporting | 7 | 11 | 18 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.