Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013
From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 é o campionato anual número 64 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren once equipos e vinte e dous pilotos. A tempada comezará en Australia o 17 de marzo e finalizará no Brasil o 24 de novembro.
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2013 | |
Previo: 2012 | Vindeiro: 2014 |
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada |
Este ano será o último ano en que se utilizarán os motores V8 de 2,4 litros, sendo substituídos en 2014 por un motor de 1,6 litros V6 turboalimentado máis ecolóxico e máis eficiente.[1]
Vettel logrou o seu cuarto Campionato Mundial consecutivo no Gran Premio da India de 2013, converténdose no piloto máis novo en consguilo e o terceiro logo de Juan Manuel Fangio e Michael Schumacher. Tamén Red Bull Racing volveu a renovar o campionato de construtores no Gran Premio da India de 2013.