Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011
From Wikipedia, the free encyclopedia
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011 é o campionato anual número 62 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren doce equipos.
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2011 | |
Previo: 2010 | Vindeiro: 2012 |
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada |
O calendario inicial constaba de vinte carreiras, incluído o novo Gran Premio da India, antes da cancelación do Gran Premio de Bahrain. Pirelli volve ao deporte como provedor de pneumáticos para todos os equipos, substituíndo a Bridgestone. Red Bull Racing defende o campionato de construtores e o seu piloto Sebastian Vettel o campionato de pilotos. Vettel logrou o seu segundo Campionato Mundial no Gran Premio do Xapón de 2011, converténdose no piloto máis novo, 24 anos e 98 días, en facelo. Tamén Red Bull Racing volveu a renovar o campionato de construtores no Gran Premio de Corea de 2011.