O Campionato de Galicia da Serie A 1923/24 foi a décima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1923 e rematou en marzo de 1924. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Unión Sporting Club e o Pontevedra Athletic Club. O torneo disputouse en dúas fases. Na primeira fase competiron os seis equipos dividos en tres grupos de dous equipos cada un, agrupados por proximidade xeográfica, dos que resultou un equipo vencedor e un equipo derrotado por cada grupo. Na segunda fase foron agrupados os tres vencedores da fase de grupos e pelexaron polos tres primeiros postos do campionato. Do mesmo xeito, os tres equipos derrotados competiron polos tres últimos postos e un premio de consolación para o cuarto clasificado. En tódolos casos empregouse o sistema de liga a dúas voltas.[2] Proclamouse campión o Celta de Vigo.[3]
Datos rápidos Tipo, Número de participantes ...
Pechar
Grupo A
Calendario
Máis información Xor., Data ...
Pechar
Clasificación
Máis información Pos, Equipo ...
Pos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
Pts |
Clasificación ou descenso |
1. | Celta de Vigo |
2 | 2 | 0 | 0 | 9 | 0 | +9 | 4 | Clasificación para a fase final (vencedores) |
2. | Unión Sporting |
2 | 0 | 0 | 2 | 0 | 9 | −9 | 0 | Clasificación para a fase final (derrotados) |
Pechar
Grupo B
Calendario
Máis información Xor., Data ...
Pechar
Clasificación
Máis información Pos, Equipo ...
Pechar
Grupo C
Calendario
Máis información Xor., Data ...
Pechar
Clasificación
Máis información Pos, Equipo ...
Pechar
Vencedores
Calendario
Máis información Xor., Data ...
Pechar
Clasificación
Máis información Pos, Equipo ...
Pos |
Equipo |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
DG |
Pts |
Clasificación ou descenso |
1. | Celta de Vigo |
4 | 4 | 0 | 0 | 20 | 3 | +17 | 8 | Clasificación para a Copa de España 1924 |
2. | Racing de Ferrol |
4 | 2 | 0 | 2 | 11 | 12 | −1 | 4 | |
3. | Eiriña |
4 | 0 | 0 | 4 | 2 | 18 | −16 | 0 |
Pechar
Derrotados
Calendario
Máis información Xor., Data ...
Pechar
Clasificación
Máis información Pos, Equipo ...
Pechar
Máis información Pos, Equipo ...
Pechar
Descualificación e readmisión do Deportivo
Tralo nacemento do Celta de Vigo no verán de 1923 mediante a fusión dos clubs Vigo Sporting e Fortuna de Vigo, os xogadores Otero, Chiarroni e Ramón González, que ata ese momento formaran parte do Vigo Sporting, decidiron non se incorporar ó novo club e fichar polo Deportivo da Coruña. O Celta denunciou ó Deportivo por suborno e a Federación Galega de Fútbol suspendeu durante unha tempada os tres xogadores e mailo Deportivo.[4] Esta decisión, tomada co campionato xa iniciado, levou a que o Racing de Ferrol, que estaba pendente de xoga-lo desempate do Grupo C fronte ó Deportivo, fose proclamado vecendor do grupo, clasificándose para xoga-la fase final dos vencedores de grupo.[5] Na devandita fase final proclamaríase campión o Celta.[6]
Porén, o Deportivo recorreu ante a Real Federación Española de Fútbol, a cal se pronunciou en favor dos herculinos e anulou a sanción contra o club por entender que non existira suborno, instando á FGF a que readmitise o Deportivo no campionato, aínda que si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas.[7][8] A FGF enviou un escrito de protesta á RFEF, mais esta reafirmouse na súa decisión,[9] polo que a FGF convocou unha asemblea extraordinaria[10] na que acordou por maioría acepta-lo veredicto da RFEF.[11]
O Deportivo foi readmitido e xogou o desempate do Grupo C fronte ó Racing,[12] resultando gañador o equipo ferrolán, razón pola cal a fase final dos vencedores non sufriu modificacións e o Celta proclamouse campión de xeito oficial.[3]