Campionato do Mundo de Motociclismo 2013
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2013 do Campionato do Mundo de Motociclismo é a 65ª edición dos mundiais de velocidade organizados pola Federación Internacional de Motociclismo. Por segundo ano consecutivo o campionato consta das seguintes 3 categorías: MotoGP, Moto2 e Moto3, sendo a MotoGP a categoría raíña.
Os encargados de defender o título de campión do mundo da edición 2012 terían que ser Jorge Lorenzo, Marc Márquez e Sandro Cortese, pero os dous últimos subiron unha categoría, de xeito que o vixente campión de Moto2 correrá en MotoGP, e o campión de Moto3 correrá en Moto2.