![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/CFL_Logo.svg/langgl-640px-CFL_Logo.svg.png&w=640&q=50)
Canadian Football League
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Canadian Football League (ou CFL en inglés, Ligue canadienne de football ou LCF en francés) é unha liga profesional deportiva do Canadá. A CFL é a máxima competición do fútbol canadense, un deporte estreitamente ligado ao fútbol americano. Trátase da segunda liga deportiva profesional mais popular do país, só por detrás do hóckey sobre xeo (NHL). A competición está composta de nove equipos, cada un coa súa sede nunha cidade diferente, divididos en dúas divisións: a East Division, con catro equipos, e a West Division, con cinco.
Canadian Football League | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 17 de xaneiro de 1958 |
Rexión | ![]() |
Comisionado | Randy Ambrosie |
Equipos | 9 |
Actual campión | Ottawa Redblacks (1º título) |
Máis laureado | Edmonton Eskimos (11 títulos) |
Televisión | TSN, TSN2, RDS |
Sitio web | cfl.ca |
Temporada 2017 |
A liga dispútase durante vinte semanas, tradicionalmente desde finais de xuño até comezos de novembro. Cada equipo xoga dezaoito partidos con, polo menos, dúas semanas de descanso. Unha vez finalizada esta fase da competición, seis equipos compiten nunha eliminatoria que finaliza coa celebración da Grey Cup a finais de novembro, un dos eventos televisivos máis seguidos no país. A CFL foi oficialmente fundada o 19 de xaneiro de 1958, froito da fusión da Interprovincial Rugby Football Union (fundada en 1907) e a Western Interprovincial Football Union (fundada en 1936).