From Wikipedia, the free encyclopedia
O canto das baleas é o son que emiten as baleas para comunicarse. A expresión «canto» emprégase máis concretamente para facer referencia á serie de sons regulares e predicibles emitidos por algunhas especies de baleas (particularmente o xibardo). O son lembra o canto dun humano.
Os mecanismos empregados para emitir os sons varían entre as diversas familias de cetáceos. Os mamíferos mariños, como as baleas, os golfiños e toniñas, dependen moito máis do son para comunicarse que os mamíferos terrestres, xa que o resto de sentidos teñen unha efectividade limitada dentro da auga. A vista dos mamíferos mariños queda limitada polo xeito no que a auga absorbe a luz. O olfacto tamén queda limitado, xa que as moléculas se difunden máis amodo na auga que no ar, de xeito que o olfacto é menos eficaz. Ademais, a velocidade do son é, aproximadamente, catro veces superior que na atmosfera no nivel do mar.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canto das baleas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.