Carlos Arroyo
baloncestista portorriqueño / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Alberto Arroyo Bermúdez, nado o 30 de xullo de 1979 en Fajardo, Porto Rico, é un ex xogador de baloncesto profesional portorriqueño, que xogaba de base. Arroyo foi o quinto xogador de Porto Rico en xogar na National Basketball Association (NBA). Na tempada 2008-09, xogou para o Maccabi Tel Aviv na Israeli Basketball Super League, gañando o campionato e sendo nomeado o mellor xogador da final.
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1979 (44 anos) Fajardo, Porto Rico |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Universidade | Florida International (1997–2001) |
Carreira | 1996–2019 |
Historial de equipos | |
Cariduros de Fajardo (1996–1997) | |
Arroyo xogou na NBA, NCAA, e na Liga de baloncesto de Porto Rico cos Cangrejeros de Santurce e os Cariduros de Fajardo. Arroyo tamén xogou en España, no TAU Cerámica e no FC Barcelona. Foi membro da selección portorriqueña de baloncesto que derrotou aos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 2004. Tamén representou a Porto Rico no Mundial de Baloncesto do Xapón no ano 2006.