Carlos Basilio Ezeta
político salvadoreño / From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Basilio Ezeta, nado en San Salvador o 14 de xuño de 1852 e finado en Mazatlán (México) o 21 de marzo de 1903, foi un militar, presidente do Salvador entre o 22 de xuño de 1890 e o 10 de xuño de 1894. O primeiro ano de maneira provisional tras derrocar nun golpe de Estado a Francisco Menéndez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1852 San Salvador, O Salvador |
Morte | 21 de marzo de 1903 (50 anos) Mazatlán, México (pt) |
Presidente do Salvador | |
22 de xuño de 1890 – 9 de xuño de 1894 ← Francisco Menéndez Valdivieso – Rafael Antonio Gutiérrez → | |
Governor of the San Vicente Department (en) | |
xuño de 1886 – 7 de agosto de 1886 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | O Salvador |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Josefa Marroquín Meza |
Ingresou na Escola Militar en 1867 para incorporarse ao exército en 1871 como subtenente. Participou nos enfrontamentos con Honduras en 1872 e 1873, sendo ferido.
Despois de diversas estancias en Costa Rica, Estados Unidos e Guatemala, regresou definitivamente ao Salvador en 1885. Durante o goberno de Francisco Menéndez, xa como xeneral, participou como Xeneral en Xefe para sufocar a rebelión de Cojutepeque. O seu último cargo antes do golpe de Estado foi de Inspector Xeral do Exército.