Carpintaría
From Wikipedia, the free encyclopedia
A carpintaría[1] ou carpintería[2] é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.[3] É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal. A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999.[4] Nesta liña, en Galicia, menos do 5% dos estudantes dos ciclos formativos de madeira eran mulleres en 2008.[5]