Carretilla - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Carretilla.

Carretilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carretilla.
Carretilla.

Unha carretilla (tamén chamada carreta[1]) é un carro pequeno de man normalmente dunha soa roda cun caixón para colocar carga, que incorpora dúas barras na parte posterior, está deseñado para ser propulsado por unha soa persoa e é utilizado para o transporte a man de carga en distancias curtas.

A carretilla é unha ferramenta ergonómica para transportar diferentes materiais ou ferramentas. É de uso común en obras de construción, en horticultura e xardinaría, así como en granxas. O principio no que se basea o seu funcionamento é o da panca asociado coa posición do centro de gravidade cara á base do centro de apoio (a roda), que lle outorga unha gran eficiencia.

Competición

En Galiza faise unha competición chamada Rally de Carretillas en Vila de Cruces,[2] que ten a carretilla como principal protagonista, ademais dunha exposición de carretillas decoradas por artistas e deseñadores gráficos.[3]

Notas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Carretilla
Listen to this article