Casa de Moeda da República Arxentina
ceca pública arxentina e museo numismático / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa de Moeda da República Arxentina (formalmente Sociedad del Estado Casa de Moneda) é unha sociedade estatal dependente do Ministerio de Economía dese país suramericano, encargada da impresión de billetes e da cuñaxe de moedas de curso legal, ademais da impresión de selos de correos, pasaportes e formularios oficiais, e da cuñaxe de medallas.[3]
Casa da Moeda da República Arxentina –Sociedad del Estado Casa de Moneda– | |
---|---|
Fachada da Casa da Moeda da República Arxentina | |
Tipo | Sociedade estatal |
Fundación | 29 de setembro de 1875[1] |
Matriz | Ministerio de Economía |
Localización | Buenos Aires Arxentina. |
Fundador | Goberno da República Arxentina. |
Persoas clave | Presidente: Fernando Ernesto Pereyro.[2] |
Industria | Cuñaxe e impresión. |
Produtos | Moedas, medallas, billetes etc. |
Na rede | |
https://www.argentina.gob.ar/casademoneda | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio actual atópase no número 2.085 da avenida Antártida Argentina, en Buenos Aires.[4]
En 1927 inaugurou o seu museo, onde se conservan billetes, moedas e selos de gran valor histórico.[5]
Algúns dos seus deseños obtiveron recoñecementos internacionais, como o billete de Eva Duarte, premiado pola industria internacional durante a II Conferencia Internacional de Impresións de Alta Seguridade, en Bogotá (Colombia).[6]