Casa de Valois-Borgoña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A casa dos Valois-Borgoña é unha rama menor da dinastía Valois.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Borgoña (homónimos).
Os Valois-Borgoña, duques de Borgoña, tiveron a súa orixe cando Xoán II de Francia (tamén duque de Borgoña como Xoán I) entregou como feudo o ducado de Borgoña ao seu fillo máis novo, Filipe o Atrevido.
A política expansionista dos membros desta dinastía deu lugar ao poderoso Estado borgoñón na baixa Idade Media e o Renacemento.
Distínguese da Casa de Borgoña dos Capetos, descendentes de Roberto II de Francia, aínda que ambas as casas pertenceron á dinastía dos Capetos.