enxeñeiro de minas e xeólogo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Casiano de Prado y Vallo, nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797 e finado en Madrid o 4 de xullo de 1866, foi un enxeñeiro de minas e xeólogo galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1797 Santiago de Compostela, España |
Morte | 4 de xullo de 1866 (68 anos) Madrid, España |
Q33191998 | |
1858 – 1861 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xeólogo , enxeñeiro de minas |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e participou, dende moi novo, na política.
No 1817 foi detido pola Inquisición española acusado de "proposicións" (formular ideas contrarias á relixión católica) e de ler con frecuencia libros prohibidos. Pasou 400 días recluído e incomunicado nos cárceres secretos da Inquisición de Santiago de Compostela. Nin sequera se lle permitiu contactar coa súa nai e tampouco se lle permitiu que lera libros relacionados coas ciencias naturais "e se pedía nisto algunha gracia, repútabaseme como criminal", como el mesmo declarou nun artigo publicado tres anos despois durante o Trienio liberal.[2]
Foi director do distrito mineiro de Aragón e Cataluña, e máis tarde das minas de Almadén, contribuíndo ó seu enriquecemento coas súas investigacións xeolóxicas. Despois de desempeñar outras misións en distintos lugares, entre eles as Minas de Riotinto, trasladouse a Madrid en 1849 para formar parte da Comisión para a Carta Xeológica de Madrid e Xeral do Reino (actual Instituto Xeolóxico e Mineiro de España). Foi director da Revista Minera, inspector xeral de Minas, membro de mérito da Sociedade Xeológica de Londres e académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de Madrid.
Ocupouse de mineraloxía, petrografía e paleontoloxía. Neste último campo correspóndelle o mérito, xunto con Mariano de la Paz Graells, de dar a coñecer os restos de elefantes, aparecidos en 1850, na telleira de San Isidro de Madrid, despois tradicional xacemento do Paleolítico español. Nas proximidades encontrouse, nas formacións do Mioceno, varios restos de mamíferos terciarios que máis tarde clasificou o paleontólogo Paul Gervais.[3]
Entre os seus numerosos traballos de investigación destacan o mapa xeológico das provincias de Madrid (1852), Valladolid (1854), Segovia (1855) e Palencia (1856) e outras importantes recensións referidas a outras zonas de Castela e León. De todos eles, o principal é o titulado Reseña física y geológica de la Provincia de Madrid (1864), traballo moi minucioso, con gran contido de datos de primeira man, obra que continúa sendo consultada polos investigadores. Vai acompañada dun esbozo de mapa xeolóxico da provincia, única representación gráfica da mesma durante moitos anos. Esta publicación valeulle ser nomeado director da Comisión permanente de xeología industrial.
Outras obras foron Vindicación de la Geología (1835), Diccionario de las voces más usadas en minería (1848), Ascensión a los Picos de Europa (1853) e Los terremotos de la provincia de Almería (1863).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.