Caso do metílico
Abrocho de intoxicación alimentaria en 1963 / From Wikipedia, the free encyclopedia
A denominación popular caso do metílico designa un gromo de intoxicación alimentaria acaecida en Galicia e nas illas Canarias durante a primavera de 1963, por consumo de bebidas alcohólicas elaboradas a partir de alcohol metílico, co resultado de 51 falecidos e 9 persoas cegas, aínda que se estima que a cifra real de mortos puido contarse por milleiros. Polas obvias similitudes, o caso metílico foi cualificado posteriormente como a colza do franquismo[lower-alpha 1].
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2017) |
As primeiras mortes coñecidas acaeceron entre mariñeiros do concello de Haría, pequena localidade do norte de Lanzarote. Alí foi descuberta a causa da intoxicación pola farmacéutica asturiana -natural de Villaviciosa- Mª Elisa Álvarez Obaya, figura clave neste drama. Pouco tempo despois observouse un incremento anómalo da mortalidade na comarca do Carballiño, Ourense, que só se relacionou con aquelas cando a noticia dos mariñeiros mortos se publicou na prensa galega.
A venda do alcohol fraudulento e tóxico foi coutada polas autoridades nun prazo relativamente breve, pero a distribución que se fixera antes de coñecerse a toxicidade deste explica que se fosen producindo novas mortes ata maio de 1963.
En decembro de 1967 tivo lugar o xuízo contra os 11 procesados, que resultaron con penas de cadea comprendidas entre 1 e 20 anos e indemnizacións que alcanzaban case os 20 millóns de pesetas.[1] Ningún dos condenados cumpriu máis de 6 anos de cárcere e, ó declarárense insolventes, ningunha vítima ou familiar recibiu ningunha cantidade como indemnización.