Cataluña
comunidade autónoma española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cataluña[1][2][3] (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:
O Parlamento de Cataluña, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Cataluña, definiu de forma amplamente maioritaria Cataluña como nación. A Constitución española, no seu artigo segundo, recoñece a realidade nacional de Cataluña como nacionalidade.Preámbulo do Estatuto de Autonomía de Cataluña do ano 2006.[4]
Catalunya (ca) Catalonha (oc) | |||||||||||||||||||||||||
Himno | Els Segadors (25 de febreiro de 1993) | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Pobo catalán | ||||||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Estado | España | ||||||||||||||||||||||||
Capital | Barcelona | ||||||||||||||||||||||||
Comarca | 41 | ||||||||||||||||||||||||
Concello | 947 | ||||||||||||||||||||||||
Provincia | 4 | ||||||||||||||||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||||
Poboación | 7.747.709 (2022) (242,91 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá lingua occitana | ||||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||||||||
Superficie | 31.895 km² | ||||||||||||||||||||||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||||||||||||||||||||||
Punto máis alto | Pica d'Estats (3.143,45 m) | ||||||||||||||||||||||||
Punto máis baixo | Estany de Vilacolum (−1 m) | ||||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||||||||
Creación | 988: Condados cataláns | ||||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||||
Día festivo | |||||||||||||||||||||||||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia e Nosa Señora de Montserrat | ||||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||||
Forma de goberno | Parlamentarismo | ||||||||||||||||||||||||
Órgano executivo | Goberno de Cataluña | ||||||||||||||||||||||||
• Presidente da Generalitat | Pere Aragonès i Garcia (2021–) | ||||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Cataluña Circunscrición: 4, (Escano: 135) | ||||||||||||||||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña | ||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||
PIB nominal | 238.308.749 € (2019) | ||||||||||||||||||||||||
Moeda | euro | ||||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .cat | ||||||||||||||||||||||||
ISO 3166-2 | ES-CT | ||||||||||||||||||||||||
Código NUTS | ES51 | ||||||||||||||||||||||||
Páxina web | web.gencat.cat… |
Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.
No territorio catalán habitan 7.747.709 habitantes (2022) nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español,[5] sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.
Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.