Cebú (cidade)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cidade de Cebú (en filipino e lingua cebuana Dakbayan sa Sugbo, en inglés City of Cebu ou Cebu City, en castelán Ciudad de Cebú, coñecida popularmente como La Reina del Sur) é unha cidade filipina situada na costa oriental da illa de Cebú, na rexión das Visayas Centrais. É a capital da provincia de Cebú. A súa poboación en 2007 era de 814 296 habitantes, chegando aos 2 314 897 na aglomeración (Gran Cebú).
Alcume | Ciudad Reina de Filipinas e Queen City of the Philippines | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Visayas Centrais (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 964.169 (2020) (3.060,85 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 238.317 (2020) | ||||
Lingua usada | Lingua cebuana lingua tagala | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 315 km² | ||||
Altitude | 135 m | ||||
Comparte fronteira con | Toledo (pt) Balamban (pt) Minglanilla (pt) Mandaue (pt) Talisay (pt) Consolacion (pt) Compostela (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Miguel López de Legazpi | ||||
Cronoloxía | |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Sangguniang Panlungsod of Cebu City (en) , | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6000 | ||||
Prefixo telefónico | 32 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cebucity.gov.ph |
Cebú es, tras a Gran Manila, o centro económico e mercantil máis importante de Filipinas. Ten numerosos parques empresariais, distrito de negocios, universidades, colexios, hospitais e outros servizos. Por outra parte, nas súas proximidades está a illa de Mactán, que acolle un nutrido turismo.
Cebú está conectada co resto do arquipélago das Visayas, das que é a capital, así como co resto do país e con diversos destinos internacionais grazas ao seu aeroporto (Aeroporto Internacional Mactán-Cebú) e ao seu porto marítimo.