Cegoña
xénero de aves / From Wikipedia, the free encyclopedia
As cegoñas son, propiamente, aves do xénero Ciconia (o nome cegoñas tamén se usa ás veces máis laxamente para toda a familia Ciconiidae). O xénero Ciconia comprende sete especies vivas, das cales seis viven no Vello Mundo, e unha en Suramérica (Ciconia maguari). O rexistro fósil indica que Ciconia era algo máis común na América tropical en tempos prehistóricos.
Cegoña Rango fósil: Mioceno temperán ao presente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inmaturo emplumando (esquerda) e adulto da cegoña branca europea (Ciconia ciconia ciconia) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
especies | |||||||||||||
Ciconia abdimii | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Xenorhynchus |
As cegoñas (Ciconia) son aves grandes, normalmente de 100 cm de alto, e de 180 cm de envergadura alar e cun longo e estreito peteiro. Os membros deste xénero son máis variables en plumaxe que outros cicónidos, pero varias especies teñen plumas negras na parte superior do corpo e das ás, e brancas na parte inferior do corpo. Os inmaturos son máis claros, como unha versión máis parda dos adultos.
As Ciconia son gregarias e reprodúcense en colonias, e as parellas son moi fieis; antes pensábase que permanecían xuntas toda a vida, pero hoxe sabemos que poden cambiar de parella despois das migracións. Constrúen grandes niños con paus e ramiñas nas árbores, aínda que a especie suramericana aniña no chan e polo menos tres das especies constrúen os niños en edificios humanos. A máis coñecida é a cegoña branca, que visita Europa e entrou nas lendas e o folclore europeo. Na lista de aves de Galicia figuran a cegoña branca (C. ciconia) e a cegoña negra (C. nigra).
Comen ras, insectos, crías de aves, lagartos e roedores. Voan co pescozo estendido, igual que a maioría dos demais cicónidos, pero, ao contrario que as garzas, as cales retraen o pescozo cara a atrás en voo.
As especies migratorias como as cegoñas brancas e as negras planan no aire coas súas amplas ás e dependen das térmicas de aire quente para facer voos sostidos de longa distancia. Como estas térmicas só se forman en terra, estas cegoñas, igual que as grandes aves de presa, deben cruzar o Mediterráneo nos seus puntos máis estreitos, e pode verse un gran número destas aves cruzando os estreitos de Xibraltar e do Bósforo durante a súa migración.