Cemento (construción)
material de construción coa propiedade de endurecer tras amasalo con auga / From Wikipedia, the free encyclopedia
O cemento (derivada do latín cæmentu) é un material cerámico que, en contacto coa auga, produce unha reacción exotérmica de cristalización de produtos hidratados, gañando así resistencia mecánica. É o principal material usado na construción como aglomerante. É unha das principais mercancías mundiais, servindo mesmo como indicador económico dun país.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cemento.
Existen diversos tipos de cemento, diferentes pola súa composición, polas súas propiedades e polos seus usos. En xeral, desde un punto de vista químicos, trátanse todos de mesturas de silicatos e aluminatos de calcio.