Centro Dramático Galego
compañía teatral galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centro Dramático Galego (CDG) é a unidade da Axencia Galega das Industrias Culturais que ten por obxectivo producir e distribuír espectáculos teatrais en lingua galega, coa pretensión de normalizar a lingua no ámbito do teatro. Dende xaneiro de 2020 está dirixido por Fran Núñez.[1]
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Centro Dramático Galego | |
---|---|
Tipo | compañía de teatro |
Data de fundación | 1984 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Adscrito á Xunta de Galicia, a súa actividade dá comezo en 1984, data desde a que se estrearon un total de 68 producións e coproducións, o que supón unha media de tres anuais.