![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Datacenter-telecom.jpg/640px-Datacenter-telecom.jpg&w=640&q=50)
Centro de procesamento de datos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un data center (do inglés "centro de datos") ou centro de procesamento de datos é unha instalación onde se concentran todos os recursos necesarios para o procesamento da información dunha organización. Ditos recursos consisten esencialmente nunhas dependencias debidamente acondicionadas (con refrixeración, sistemas anti-incendios, UPS etc.), computadoras e redes de comunicacións. Os centros de proceso de datos adóitanse denominar polo seu acrónimo CPD.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Datacenter-telecom.jpg/640px-Datacenter-telecom.jpg)
Como o seu nome implica, un centro de datos pertence a unha organización, que o emprega para procesar os datos precisos para as súas operacións. Un banco, por exemplo, pode dispor dun centro de datos nos que manteña toda a información das contas bancarias dos seus clientes e que realice todas as transaccións necesarias. Practicamente toda compañía de mediano tamaño para riba dispón dalgún tipo de centro de datos e as máis grandes poden ter ducias deles. A maioría das grandes cidades contan con edificios destinados a funcionar como centros de datos en lugares seguros preto dos servizos de telecomunicacións.
Dado que a información é un aspecto crucial da maioría das operacións dunha organización, estas tenden a protexer ben os seus datos. Por iso os centros de datos se deseñan moi ben, de maneira que se garantan a integridade e funcionalidade dos seus sistemas. Isto lógrase mediante a súa distribución física e lóxica.