Centro político
From Wikipedia, the free encyclopedia
Centro, en ciencia política, é o conxunto de partidos, políticas e ideoloxías que se caracteriza por considerarse a si mesma intermedias, no espectro político, a posicións tanto de dereita como de esquerda política.[1]
É conveniente non confundir o centrismo co reformismo. Mentres o centrismo valora as posicións consensuais como un fin en si mesmas -as políticas do "xusto medio" -, o reformismo mantén obxectivos a longo prazo para os cales tales posicións serían só un momento nun proceso progresista de avance moderado ou paulatino. Na práctica política contemporánea, o centrismo propón e defende políticas de economía mixta e de afondamento da democracia.«O goberno representativo falla cando políticos corruptos en xeral serven intereses empresariais ou especiais. É entón imprescindible que a cidadanía teña oportunidades democráticas directas.», Joel S. Hirschhorn.