Chacinaría
From Wikipedia, the free encyclopedia
A chacinaría[1][2] ou chacinería é aquela carnizaría especializada na comercialización dos produtos da carne de porco e os seus subprodutos: friames e embutidos.[3] Adóitanse vender nestes establecementos: salchichas, salchichóns, chourizos, salame, xamón en diferentes formatos. Caracterízanse por ter un mostrador transparente e xeralmente acondicionado no que se amosan ó público os produtos á venda.
A chacinaría é parte do repertorio de garde manger dun cociñeiro. Orixinalmente desenvolvida co propósito de preservar a carne antes da refrixeración, na actualidade son preparados polos seus aromas e sabores derivados dos procesos de preservación e dos ingredientes e formas de preparación.[4]
En moitos países, nestes establecementos non só se expenden friames e embutidos varios, senón tamén derivados lácteos (principalmente queixos).