Carófitas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As carófitas (Charophyta) son un grupo de algas verdes de auga doce, ás veces tratado como división,[2] pero tamén como superdivisión[3] ou como clado sen categorizar. As plantas terrestres ou Embryophyta xurdiron das Charophyta máis iniciais, posiblemente a partir de carófitas unicelulares terrestres,[4] tendo a clase Zygnematophyceae como grupo irmán.[5][6][7][8]
Carófitas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||
|
Ao estaren agora as Embryophyta situadas desde un punto de vista cladístico dentro de Charophyte, é un sinónimo de Streptophyta.[9][10][11][12] O grupo irmá das carófitas son as Chlorophyta. Nalgúns grupos de carófitas, como as Zygnematophyceae ou algas verdes conxugadas, os flaxelos están ausentes e a reprodución sexual non se fai por medio de células espermáticas flaxeladas nadadores libres. Poren, as células espermáticas flaxeladas escóntranse nas Charales e Coleochaetales, orde de carófitas parenquimatosas que son parentes próximos das plantas terrestres, nas que as céulas espermáticas (ou anterozoides) flaxelados están tamén presentes en todas excepto nas coníferas e plantas con flor.[13] Describíronse algas do tipo das Charales fósiles similares ás actuais de inicios do Devoniano do chert de Rhynie de Escocia.[14] Carófitas algo diferentes recolléronse de estratos do Devoniano tardío (Famenniano) no lagerstätte da granxa Waterloo de África do sur. Estas inclúen dúas especies de Octochara e outras dúas de Hexachara, que son os fósiles máis antigos de eixes de carófitas que teñen in situ oogonias.
O nome do grupo procede do xénero Chara, pero o descubrimento de que Embryophyta en realidade xurdiu a partir delas non tivo como resultado que se lle dese un significado moito máis restrinxido a Charophyta, concretamente o dunha póla lateral moito máis pequena, porque este grupo máis restrinxido corresponde a Charophyceae.