Cheka
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cheka (ЧК - чрезвыча́йная коми́ссия chrezvychaynaya komissiya, do ruso: Comisión de Emerxencias, AFI: [tɕɪˈka]) foi a primeira dunha serie de organizacións soviéticas de seguridade do Estado. Foi creada o 20 de decembro de 1917, despois dun decreto emitido por Vladimir Lenin e posteriormente liderada polo aristócrata convertido ao comunismo Felix Dzerzhinsky.
Datos rápidos VCheKa (en ruso: ВЧК), Vserossiyskaya chrezvychaynaya komissiya ...
VCheKa (en ruso: ВЧК) | |
---|---|
Vserossiyskaya chrezvychaynaya komissiya | |
Всероссийская чрезвычайная комиссия | |
![]() | |
Información xeral | |
Formación | 1917 |
Precedente | VRK Petrogrado |
Disolución | 1922 (reorganizada) |
Substituída por | GPU |
Sede central | ![]() ![]() |
Director | Felix Dzerzhinsky |
Axencia sup. | ![]() |
Pechar
Por extensión, denomináronse «chekas» as diversas policías políticas secretas que xurdiron con posterioridade noutros países. Na España republicana tamén recibiron o nome de "chekas" os locais que durante a Guerra Civil utilizaban organismos análogos, adoito parapoliciais, para deter, interrogar, torturar e xulgar de forma sumarísima.