Chinés clásico
lingua / From Wikipedia, the free encyclopedia
O chinés clásico[1] é a lingua na que se escribiron os clásicos da literatura chinesa, máis ou menos a partir do século -V.[2] Nos milenios posteriores, o chinés destas obras foi imitado en todos os países da sinosfera, nunha forma coñecida como chinés literario, que se empregou na escrita formal da China até o comezo do século XX. Este uso foi semellante ao do latín en Europa. Malia os cambios, a súa evolución foi bastante conservadora, polo que moitas das variacións da lingua oral non se reflectiron na escritura. Debido a isto, o chinés clásico non é plenamente intelixible para os falantes das linguas chinesas contemporáneas.
Chinés clásico 古文 ou 文言 | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Chinés literario | |
Falado en: | República Popular da China, Illas Ryukyu, Xapón, Corea e Vietnam | |
Extinción: | dende o século -V até o século II. Continúa como lingua literaria até o século XX. | |
Familia: | Sino-tibetana Sinítica Chinés Chinés clásico | |
Escrita: | Escrita chinesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | lzh
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Co tempo, o chinés literario empezou a empregarse no Xapón, Ryukyu, Corea e Vietnam, onde se introduciu como lingua de prestixio. Con posterioridade, o seu sistema de escritura adaptouse para expresar as linguas locais, que pertencían a diferentes familias. Cada un destes países teñen o seu propio xeito de ler os caracteres en chinés clásico.
Na actualidade, esta lingua foi substituída polas correspondentes variedades vernáculas.