Chris Paul
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Christopher Emmanuel "Chris" Paul, nado o 6 de maio de 1985 en Winston-Salem, Carolina do Norte, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Con 1,83 metros de estatura xoga na posición de base. É alcumado "CP3".
Datos rápidos Posición, Información persoal ...
Golden State Warriors – No. 3 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 6 de maio de 1985 (38 anos) Winston-Salem, Carolina do Norte |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
Peso oficial | 79 kg (175 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | West Forsyth (Clemmons, Carolina do Norte) |
Universidade | Wake Forest (2003–2005) |
NBA Draft | 2005 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por New Orleans Hornets |
Carreira | dende 2005 |
Historial de equipos | |
New Orleans Hornets (2005–2011) Los Angeles Clippers (2011–2017) Houston Rockets (2017–2019) Oklahoma City Thunder (2019–2020) Phoenix Suns (2020–2023) Golden State Warriors (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
12× NBA All-Star Game (2008–2016, 2020–2022) 1× MVP do NBA All-Star Game (2013) 4× 1º equipo All-NBA (2008, 2012-2014) 3× 2º equipo All-NBA (2009, 2015, 2016) 1× 3º equipo All-NBA (2011) Rookie do Ano da NBA (2006) 2× Ouro olímpico (2008, 2012) |
Pechar
Chris Paul foi elixido por New Orleans Hornets en cuarta posición do Draft da NBA de 2005, proclamándose ao final da tempada vencedor do Rookie do Ano. A pesar da súa mocidade, está considerado como un dos mellores bases da NBA, como testemuñan os seus galardóns ao longo da súa curta traxectoria na liga. Coa selección estadounidense gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e de bronce no Mundial do Xapón 2006.