A ciclooxixenase 2 (COX-2), tamén chamada prostaglandina-endoperóxido sintase 2, prostaglandina G/H sintase e ciclooxixenase ou PGHS-2 (cuxo símbolo oficial de HUGO é PTGS2; HGNC:9605), é un encima que nos humanos está codificado no xene PTGS2 do cromosoma 1.[1] É unha das dúas ciclooxixenases que posúen os humanos; a outra é a ciclooxixenase 1. Intervén na conversión do ácido araquidónico en prostaglandina H2, un importante precursor da prostaciclina, entre outros compostos.
- COX-2 redirixe aquí. Para a subunidade II da citocromo c oxidase (COX2 ou COXII) ver MT-CO2.
Datos rápidos PTGS2, Estruturas dispoñibles ...
Pechar