Cidadanía
denota o vínculo entre unha persona e un Estado ou asociación de Estados / From Wikipedia, the free encyclopedia
En termos de Dereito a cidadanía é a condición da persoa física (dita cidadán ou cidadá) pola cal o ordenamento xurídico dun Estado lle recoñece a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un status do cidadán, ou como un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, ou apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.