Cincoenta homes por dez reás
obra literaria de Castelao / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cincoenta homes por dez reás é o título dunha colección de láminas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicadas na Coruña en 1925 (1ª edición), 1931 (2ª ed), as dúas nos talleres de Nós. Consta de 50 debuxos realizados coa mesma técnica das Cousas da vida, cun pé descritivo aínda cunha segunda intención satírica, do personaxe debuxado. Por exemplo: "O home que non sabe porqué a balanza é un símbolo da xusticia". Foi traducida ao castelán.[1]
Datos rápidos Cincoenta homes por dez reás, Autor/a ...
Cincoenta homes por dez reás | |
---|---|
Autor/a | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
Lingua | lingua galega |
Data de pub. | 1925 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Castelao prologa o libro poñendo a atención no baratos que resultan moitos homes ("eu daríavos mil homes polo mesmo diñeiro") partindo da cantiga popular
- Alabado sexa Dios
- que xa veu a barateza
- Os homes van a real
- ¡Catro por unha peseta!
A terceira edición publicouna a Editorial Galaxia en 1969.