filme de animación estadounidense de 1950 From Wikipedia, the free encyclopedia
Cinderella é un filme de animación baseado no relato de Charles Perrault: Cincenta. É o duodécimo filme producido pola Walt Disney Pictures, estreado o 15 de febreiro de 1950, e distribuído pola RKO Radio Pictures nos cines dos Estados Unidos. O filme inclúe cancións coma "A Dream Is a Wish Your Heart Makes", "Bibbidi-Bobbidi-Boo", "So This Is Love", "Sing Sweet Nightingale", "The Work Song", e "Cinderella." As cancións foron escritas e compostas por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston. O filme é dirixido por Clyde Geromini, Wilfred Jackson, e Hamilton Lusk.
Cinderella | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cinderella |
Director | Clyde Geronimi Hamilton Luske Wilfred Jackson |
Produtor | Walt Disney |
Guión | Ken Anderson Perce Pearce Homer Brightman Winston Hibler Bill Peet Erdman Penner Harry Reeves Joe Rinaldi Ted Sears |
Baseado en | Cincenta de Charles Perrault |
Intérpretes | Ilene Woods Eleanor Audley Verna Felton Rhoda Williams James MacDonald Luis Van Rooten Don Barclay Mike Douglas Lucille Bliss |
Música | Paul J. Smith Oliver Wallace |
Montaxe | Donald Halliday |
Estudio | Walt Disney Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 1950 |
Duración | 72 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, Infantil |
Orzamento | $3 000 000 |
Na rede | |
http://princess.disney.com/cinderella/movies e https://movies.disney.com/cinderella-1950 | |
Cincenta é unha fermosa moza que, despois da morte do seu pai é forzada a facer de serva da súa madrasta e das súas fillas que a explotan, mentres elas desbalden a fortuna do seu falecido pai. Un día, chega un convite para unha gran festa que ía ofrecer o príncipe, e Cincenta ve unha oportunidade para se poder sentir como as outras rapazas da súa idade. Coa máxica axuda da súa fada madriña consegue ir ao baile e cae namorada do príncipe, mais ás doce da medianoite vese na obriga de volver a casa deixando o príncipe. Este que tamén se namorou da bélida Cincenta realiza unha pescuda para a atopar grazas ao zapatiño de cristal que deixou esquecido na súa pronta fuxida, indo por todo o reino probándollo ás raparigas casadeiras. Após descubrir que o zapatiño pertencía a Cincenta, xa que ás outras mozas non lles serviu, ambos os dous casan e rematan felices para sempre.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.