Cine de animación
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento. É dicir, que mentres no cine de imaxe real analizase e descompón un movemento real, no cine de animación constrúese un movemento inexistente na realidade.