Cinema de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Considérase cinema galego o audiovisual realizado en Galicia ou producido por empresas galegas.
É algo admitido, e cada vez de maneira máis consciente e científica, que as imaxes cinematográficas se atopan profundamente vinculadas á sociedade que as ve nacer, e aínda as impulsa. Non sería lóxico desde ningún punto de vista que pensemos que as películas xorden de maneira autónoma, desarraigados dos homes e mulleres que loitaron para construílos, e sen ningún tipo de vínculo cos espectadores potenciais ós que van dirixidos.HUESO MONTÓN, A. L.; "Galicia no cine". Galicia Arte. Tomo XVI, Hércules, A Coruña, 1993, páx. 508