Cinto de Kuiper
área do sistema solar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cinto de Kuiper (tamén chamado Cinto de Edgeworth-Kuiper) é unha área do sistema solar que se estende desde a órbita de Neptuno (a 30 UA do Sol) ata 50 UA do Sol.
A súa composición é semellante á do cinto de asteroides, pero é moito máis grande: 20 veces máis ancho e entre 20 e 200 veces máis masivo. Igual que o cinto de asteroides, consiste principalmente en corpos pequenos (restos da formación do Sistema Solar), varios planetas ananos (Plutón, Makemake e Haumea) e un bo número de planetoides que son posibles candidatos a planeta anano. Pero, mentres que os asteroides están compostos fundamentalmente de rocha e metal, os obxectos do cinto de Kuiper están compostos principalmente de volátiles (en forma de "xeo"), como metano, amoníaco e auga.