Clasificación estelar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A clasificación estelar ou clasificación espectral é unha clasificación astronómica de estrelas baseada na temperatura da fotosfera e as súas características espectrais asociadas, e refinada a continuación en termos doutras características. As temperaturas estelares pódense clasificar usando a lei do corremento de Wien; mais isto cría dificultades coas estrelas distantes. A astronomía espectral ofrece unha maneira de clasificar as estrelas de acordo coas súas liñas de absorción; liñas de absorción particulares poden ser observadas soamente para unha temperatura dada, porque soamente nesa temperatura os niveis de enerxía atómica envolvoltos están poboados. Un esquema antigo do século XIX) utilizaba letras do A ao P, e é a orixe das clases espectrais usadas actualmente.