Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A clasificación histórica da Primeira División Española de fútbol está elaborada pola RFEF e baséase nos puntos conseguidos por cada equipo en primeira división, independentemente de se nunha tempada a vitoria outorgaba 2 ou 3 puntos ao vencedor ou do número de puntos en xogo. Debido a isto, os equipos que recentemente realizaron boas campañas a miúdo están en postos máis altos que os que realizaron boas campañas hai máis de dez anos. A clasificación non inclúe datos tales como puntos en divisións inferiores ou en Copa do Rei. Para emendar estas carencias xurdiron clasificacións alternativas (ver epígrafe "Clasificacións históricas alternativas").