Clima polar
clima das rexións máis frías da Terra / From Wikipedia, the free encyclopedia
O clima polar está caracterizado por ter case permanentemente temperaturas por baixo de 0 °C; e as precipitacións son moi escasas. A humidade relativa no aire é moi baixa e o vento adoita ser bastante intenso, o que fai aínda máis hostís as condicións de vida neste clima.
O clima polar dáse principalmente nos dous polos, alcanzando unhas condicións máis severas na Antártida, posto que ao tratarse dun continente, as temperaturas son máis frías que as do Polo norte, chegando a alcanzar os -70, -80 e até -89,5 °C (marca na superficie da Terra).
O clima das zonas máis altas das principais cordilleiras do planeta aseméllanse moito ao polar, podéndose dar nos cumes do Himalaia, dos Andes ou das montañas de Alasca.
Os medios naturais da zona fría ou medios polares localízanse entre os círculos polares Ártico e Antártico e os correspondentes polos norte e sur, entre os 65º e os 90º de latitude norte e sur.