Clonación por dilución
From Wikipedia, the free encyclopedia
A clonación por dilución ou clonación por dilución limitante[1][2] é un procedemento para obter unha poboación de células monoclonal a partir dunha masa de células inicialmente policlonal. Isto conséguese realizando unha serie de dilucións cada vez maiores do cultivo celular policlonal inicial. Faise unha suspensión das células parentais. Fanse despois as dilucións apropiadas, dependendo do númerode células e da poboación inicial, así como da viabilidade e características das células que van ser clonadas. Despois de realizadas as dilucións finais, colócanse nunha placa alicuotas da suspensión[1] ou vértense en pociños[2] e son incubadas. Se todo funcionou correctamente, vaise orixinar unha colonia de células monoclonais. Entre as aplicacións deste procedemento están a clonación de parasitos,[3] células T inmunitarias,[4] células transxénicas[5] e macrófagos.[6]