Club Baloncesto Breogán
club galego de baloncesto / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia).[2] Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores, tras ascender en 2021 desde a Liga LEB.
Río Breogán | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Club Baloncesto Breogán S.A.D. |
Liga | ACB / Champions League |
Alcume | Breo |
Fundación | 1966 |
Cores | Celeste, branco |
Presidente | Carmen Lence |
Director | Tito Díaz |
Adestrador | Veljko Mršić |
Patrocinador | Leite Río |
Vestimenta | Adidas |
Mascota | Maximus |
Seareiros | Marea Celeste |
Localización | |
Cidade | Lugo, Galicia |
Pavillón | Pazo dos Deportes |
Capacidade | 5.310[1] |
Inauguración | 12 de setembro de 1992 |
Campionatos | |
Liga LEB | 3 (1999, 2018, 2021) |
Princesa | 3 (2008, 2018, 2021) |
Copa Galicia | 14 (1986–1987, 1998, 2000, 2002–2005, 2007–2009, 2018, 2021−2022) |
cbbreogan.gal |
Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 6.500 espectadores,[3][4] estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. A súa actual presidenta é Carmen Lence, mentres que o director xeral é Tito Díaz e o adestrador principal Veljko Mršić.