Club Deportivo Lugo
Equipo de fútbol galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol galego da cidade de Lugo, que durante a tempada 2023/24 xoga na Primeira División RFEF. O equipo foi fundado en 1953 trala desaparición dos dous principais equipos da cidade, a Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, baixo a presidencia de Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andaina na Terceira División e militou na Segunda División durante a tempada 1992–93, perdendo a categoría ese mesmo ano.
Lugo | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Lugo S.A.D. | |||
Alcume(s) | Albivermellos, Luguiño O xogo bonito | |||
Fundación | 16 de xuño de 1953 | |||
Estadio | Anxo Carro, Lugo, Galicia | |||
Inauguración | 31 de agosto de 1976 | |||
Capacidade | 7.840 | |||
Presidente | Tino Saqués | |||
Adestrador | Roberto Trashorras | |||
Liga | Primeira División RFEF | |||
2022–23 | 22º (Segunda División) | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Estrella Galicia | |||
Na rede | ||||
http://www.cdlugo.com/gl | ||||
| ||||
Logrou retornar ao fútbol profesional o 25 de xuño de 2012, logo de vinte campañas en categorías inferiores. O ano anterior, durante a tempada 2010-11, o club conseguira o campionato de liga do grupo 1 da Segunda División B, o que lle permitira xogar a fase de ascenso. Con todo, non acadaría o seu obxectivo. Ao ano seguinte, porén, pese acadar tan só o terceiro posto do seu grupo conseguiría o ascenso logo de superar senllas eliminatorias ante o Eibar, o Atlético Baleares, campión do grupo 3, e o Cádiz, campión do grupo 4. O último encontro polo ascenso ante os gaditanos non foi senón resolto até chegar á rolda de penaltis. O club mantívose na categoría de prata durante as seguintes once tempadas, ata que acabou descendendo ao remate da 2022/23. O Lugo posúe un filial na Terceira División RFEF, o Polvorín Fútbol Club.
Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, estadio que contaba até a súa remodelación en verán de 2013 con capacidade para 4.800 seareiros, sendo aumentada até albergar 7.840 espectadores. O adestrador principal do club é Paulo Alves. No aspecto institucional o presidente desde o ano 2015 é Tino Saqués. O principal patrocinador do club desde 2012 é Estrella Galicia.