Coco, Costa Rica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa do Coco é unha illa no océano Pacífico pertencente a Costa Rica, descuberta no ano 1526 polo navegante español Juan Cabezas. A illa está considerada na actualidade como parque nacional. Está a 496 km de cabo Blanco, na costa costarriqueña, a 800 kms da panameña, e fóra de calquera vía de navegación frecuente. As súas coordenadas son 5º 31' 00" Norte, 87º 04' 0" Oeste. A súa área terrestre é de 23,85 km² e mide 7,6 km de longo e 4,4 km de largo, cunha forma aproximadamente rectangular. A viaxe desde Puntarenas en barco leva ao redor de 55 horas.
Datos rápidos Situación, País ...
Coco, Costa Rica | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Costa Rica |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 05°31′N 87°04′O |
Xeografía | |
Superficie | 23´85 km² |
Longura máxima | 7´6 |
Largura máxima | 4´4 |
Punto máis alto | 634 m. (Cerro Iglesias) |
Distancia a terra | 532 km á costa pacífica costarriqueña |
Demografía | |
Poboación | Non permanente |
Pechar
- Este artigo trata da illa costarriqueña do Pacífico. Para atopar información sobre da illa australiana no Índico, véxase Illas Cocos.
Para outros significados da palabra coco, véxase Coco (homónimos).
A illa estivo a maior parte da historia practicamente deshabitada. Na actualidade ten unha poboación non estábel de 33 persoas, todas elas relacionadas coa investigación ecolóxica e ambiental.