Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca
colección numismática pública dinamarquesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Colección real de Moedas e Medallas de Dinamarca (en dinamarqués: Den Kongelige Mønt- og Medaillesamling), tamén coñecido como Gabinete Real de Moedas e Medallas (Det Kongelige Mønt- og Medaille-Kabinet) é a principal colección numismática de titularidade pública de Dinamarca, constituída en entidade independente en 1781 máis coas súas raíces na cámara Real de Arte do século XVII.
Datos rápidos Colección real de Moedas e Medallas de Dinamarca Den Kongelige Mønt- og Medaillesamling, Coordenadas ...
Colección real de Moedas e Medallas de Dinamarca Den Kongelige Mønt- og Medaillesamling | |
---|---|
Cartel da Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca | |
Coordenadas | |
País | Dinamarca |
Cidade | Copenhague |
Director | Michael Andersen |
Inauguración | 1781 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
A colección componse de arredor de medio millón de pezas, entre moedas, medallas, billetes e outros medios de pagamento de países de todo o mundo, e entre os seus fondos conta con exemplares de todas as moedas cuñadas pola Real Casa da Moeda de Dinamarca desde o século XVIII.[1]