Comarca da Barcala
From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca da Barcala[1] é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos da Baña e Negreira.
Datos rápidos Provincia, Área ...
Comarca da Barcala | |
---|---|
Provincia | Provincia da Coruña |
Área | 213,29 km² |
Poboación | 10.203 hab. (2020) |
Densidade | 47,84 hab./km² |
Concellos | A Baña Negreira |
Pechar
O nome desta comarca provén do río Barcala, que traza aproximadamente o límite entre os dous concellos que a conforman. No seu curso baixo ten como afluente o río Albariña, zona na que o val de Barcala se abre a unha depresión máis ampla, na que se levanta a vila de Negreira, moi preto da súa desembocadura no Tambre.