Comisión Europea
institución executiva da Unión Europea / From Wikipedia, the free encyclopedia
Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2021.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Comisión Europea | |
---|---|
Acrónimo | EC, CE e EK |
Tipo | Institucións da Unión Europea |
Data de fundación | 1 de xaneiro de 1958 |
Presidente/a | Ursula von der Leyen (2019-) |
Secretario/a | Ilze Juhansone |
Nº de empregados | 32.399 (2019) |
Organización matriz | Unión Europea |
Organización subsidiaria | Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA), Axencia Executiva do Consumidor, Salud, Agricultura e Alimentación, EuropeAid, Dirección Xeneral de Enerxía, Fondos Estruturais de Inversión Europeos, Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros, Eurostat, Dirección Xeral de Interpretación, Directorio Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca, Directorate-General for Taxation and Customs Union, Directorate-General for European Neighbourhood and Enlargement Negotiations, Directorate-General for Trade, Water Europe, Directorate-General for Health and Food Safety, Directorate-General for Justice and Consumers, Directorate-General for Education, Youth, Sport and Culture, Directorate-General for Research and Innovation e Grupo para a Política do Espectro de Radiofrequências |
Premios | Premio Carlomagno, BigBrotherAwards e European Sustainability Award |
Sede | Bruxelas |
País | Bélxica |
Na rede | |
https://ec.europa.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe. Un dos 28 é o Presidente da Comisión (na actualidade, Ursula von der Leyen) nomeado polo Consello Europeo coa aprobación do Parlamento Europeo.
O termo «Comisión» pode significar tanto o Colexio de Comisarios como se mencionou anteriormente, ou a institución máis grande, incluíndo o órgano administrativo duns 25.000 funcionarios europeos repartidos nos departamentos chamados Direccións Xerais. Baséase fundamentalmente no edificio Berlaymont de Bruxelas e as súas linguas de traballo internas son inglés, francés e alemán.