Como nun espello
filme de 1961 dirixido por Ingmar Bergman / From Wikipedia, the free encyclopedia
Como nun espello (en sueco: Såsom i en spegel) é un filme dramático sueco de 1961 escrito e dirixido por Ingmar Bergman, coa interpretación de Harriet Andersson, Gunnar Björnstrand, Max von Sydow e Lars Passgård. Foi o primeiro dos moitos filmes que Bergman rodou en Fårö, na costa de Suecia.
Datos rápidos Como nun espello, Ficha técnica ...
Como nun espello | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Såsom i en spegel |
Director | Ingmar Bergman |
Produtor | Allan Ekelund |
Guión | Ingmar Bergman |
Intérpretes | Harriet Andersson Gunnar Björnstrand Max von Sydow Lars Passgård |
Música | Erik Nordgren Johann Sebastian Bach |
Fotografía | Sven Nykvist |
Montaxe | Ulla Ryghe |
Distribuidora | Janus Films |
Estrea | 16 de outubro de 1961 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Suecia |
Na rede | |
Pechar
O título refírese a unha pasaxe bíblica (1 Corintios, 13: 12 "Igualmente: agora vemos nun espello, escuramente; mais daquela habemos ver cara a cara".), en que ver nun espello se refire á falta de entendemento dos vivos sobre Deus. O título en sueco significa literalmente como nun espello, que é como foi escrita a pasaxe bíblica na tradución sueca da Biblia de 1917.
O filme foi emitido na TVG o 31 de maio de 2008.[1]